Arturo Carril
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de xullo de 1902 Corcubión, España |
Morte | 13 de xullo de 1990 (88 anos) Buenos Aires, Arxentina |
Actividade | |
Ocupación | escritor, xornalista |
Arturo Patricio Carril Amigo,[1] nado en Corcubión o 13 de xullo de 1902 e finado en Buenos Aires o 13 de xullo de 1990, foi un escritor e xornalista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Marchou novo a Montevideo para librar do servizo militar, e alí comezou a traballar como linotipista. Introduciuse no mundo sindical e político, fundamentalmente anarquista e tamén nacionalista, participando da Irmandade Nacionalista d’América do Sul. Na década dos anos vinte exerceu como correspondente de Correo de Galicia no Uruguai, foi redactor de Terra e colaborou en Céltiga, formando parte da Peña Céltiga. Fundou en 1920 a revista Mundo Teatral e en 1935 La Lectura. Creou a Editorial Mar, na que apareceu a primeira tradución ao castelán da novela de Castelao Os dous de sempre, feita por el en 1937. Na década dos corenta trasladouse a Arxentina, onde continuou co seu labor cultural, e vencellourse á Federación Libertaria Argentina.
Cultivou a poesía, a novela e o ensaio, pero destacou como dramaturgo. Estreou moitas obras no Uruguai e a Arxentina, algunhas premiadas como Estoy sola y te espero, Premio de la Sociedad de Autores Teatrales del Uruguay en 1942. Algunhas obras fixéronse famosas pola censura dos gobernos ditatoriais arxentinos, como Argentina, hora cero. A obra Las viudas de los vivos trata o tema da emigración e desenvólvese en Malpica de Bergantiños. Tamén escribiu ensaios dedicados ao mundo teatral como El Teatro (ayer, hoy y mañana) e de tema político, Teoría del Estado de Transición.
Obras
[editar | editar a fonte]Teatro
[editar | editar a fonte]- 3 variaciones sobre un tema. Teatro. Valencia: Editorial Mar, 1938.
- Estoy sola y te espero. Buenos Aires, 1942.
- Nuestro hermano Florencio. Buenos Aires.
- Crónica de una ciudad y su musa, Buenos Aires.
- Las viúdas de los vivos, Buenos Aires.
- Teatro completo de Arturo Carril, Buenos Aires: Ed. Mecenas, 2 vol, 1959.
- Argentina, hora cero. Buenos Aires, 1969.
Novela
[editar | editar a fonte]- Sobre el río como mar. Buenos Aires.
- Como las ví. Buenos Aires.
- Como los ví. Buenos Aires.
Poesía
[editar | editar a fonte]- La cofradía de los pescadores. Buenos Aires.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ou Patricio Arturo como figura na súa partida de nacemento.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Arturo Patricio Carril na Enciclopedia da emigración.
- Pérez Leira, Lois (2011). Protagonistas de una historia colectiva II. Vigo: Grupo de Comunicación de Galicia en el Mundo. pp. 77–82. ISBN 978-84-938464-4-2.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha no Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte.